Educación Emocional


A EMPATÍA (Habilidades para a vida)

"A empatía é a que nos recorda que as persoas estamos feitas da mesma substancia: de materia humana, de fibras emocionais, de gañas de vivir, amar e ser amadas. Xa a ciencia ficción e a revolución tecnolóxica imaxinaron outras criaturas que se nos parecen. A imitación será perfecta se algún día logran construilas coa capacidade para sentir, comprender e coidar a vida de outros seres, sen importar se non da miña raza, sexo, partido, fe, país ou condición social".

"Cando  unha valoración ou prexuizo sobre outros seres  impide conmovernos, sentir o que sinten e coidalos, rómpese a empatía, rómpese esta conexión inalámbrica que nos ven dada de fábrica ós seres humanos. Cando isto se nos olvida, aparecen as diversas formas de violencia que tanta dor ocasionan."

(Habilidades para la vida 1. Empatía. Guía de entrenamiento. Edex).

Podedes acceder á guía completa e outros recursos de Educación Emocional na publicación do día 3/12/16 neste mesmo blog.


Para facilitarvos as sesións de titoría podedes descargar a seguinte  PRESENTACIÓN DOS CONTIDOS: A EMPATÍA.


Actividade Titorías: visionado da película " Front Of The Classe".

Obxectivo da actividade: aprender a sentir ó ritmo dos sentimentos, necesidades e pensamentos alleos.

Visualización da película, dúas opcións:

1. Película-resumo de 14 minutos, subtitulada en español.

 


2. Película completa en inglés, subtitulada en español:









O MÁIS VISTO

Botellón - Vìdeo Dailymotion: Actividade Plan Proxecta.